xoves, 10 de agosto de 2017

RESUMO DA NOSA PRESENZA NA PRENSA

A prensa mostrou un gran interese no noso proxecto ao longo do curso.
Apareceron tres artigos na prensa escrita, os mesmos artigos apareceron en versión dixital e dous artigos máis na páxina "loqueyotedigo", que escribe CheChu López, coñecido xornalista do "Diario de Arousa", ademais dun reportaxe en Vtelevisión.

mércores, 5 de xullo de 2017

ACTIVIDADES DO PROXECTO COLLEITADORES NAS LETRAS GALEGAS


II XORNADAS ADICADAS Á INDUSTRIA CONSERVEIRA: "DO CAMPO Á MESA"
O pasado día 18 de Maio celebramos, na biblioteca do noso centro, as Letras Galegas cunha actividade relacionada coa cultura galega por unha banda, e por outra co proxecto "Colleitadores"; as II XORNADAS ADICADAS Á INDUSTRIA CONSERVEIRA: "DO CAMPO Á MESA"

Trouxemos a tres relatores de luxo para que lles contasen aos nosos alumnos un pouco da súa vida, da súa relación con Galicia e coa cultura galega; e moito sobre a súa paixón polas plantas silvestres comestibles.

Podedes ler un pouco sobre a vida dos nosos tres convidados no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "normalizacoroso".

mércores, 7 de xuño de 2017

Ortiga: Urtica dioica




Nome en galego: herba dos cegos, estruga maior, ortiga, estruga

Nome en castelán: Ortiga mayor, ortiga verde

A ortiga (do latín 'urtica') é o nome común das plantas do xénero Urtica, da familia das urticáceas, en galego chamada herba do cego.

A Urtica dioica, coñecida como ortiga maior e ortiga verde, é a máis común e é perenne.

Acada entre 50 e 150 centímetros. A característica máis coñecida é a presencia de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con picor intenso na pel cando se lle toca ou roza, causando bochas, debido a isto é unha das malas herbas habituais máis coñecidas.

Pódense recoller as súas follas, que é o máis aproveitable como alimento, todo o ano; aínda que é preferible a colleita antes da súa floración.

AMOROTES



NOME COMÚN:  
Galego: Amorotes
Castelán: Fresa silvestre
OUTROS NOMES GALEGOS:
Amorón, morillón, amorillón, amorillote, amorodo, morando, morango, morodo, morogo, morote, careixóns...
NOME CIENTÍFICO:
Fragaria vesca
FOTO:  

DESCRICIÓN:
Coñecido como amorodo silvestre o amorote en Galicia crece nos montes, cerca de silveiras e entre as toxeiras. Ten unha raíz vivaz e florece entre marzo e agosto. O amorote ten un aroma e un sabor máis delicado e máis fino que os da fresa cultivada. Esta planta é perenne, herbácea, os talos sobresaen 25 cm. como máximo cubertos por unha especie de pelos na parte superior. Destes talos nacen as flores brancas, de cinco pétalos e un cáliz amarelo. Cando frutifica perde os pétalos e o cáliz crece formando o froito. Este froito pódese encontrar encarnado, amarelo ou branco; tamén pode ser redondo, aplanado ou prolongado.
HISTORIA DO SEU USO NA ALIMENTACIÓN:
Dende a época romana e ata a aparición doutras froias máis doadas de cultivar o seu uso era en alimentación en marmelada, directa e decoración.
No Reino Unido atopase a única empresa (Wikin & son) que elabora marmelada e xenebra con este froito.
POSIBLES USOS:
O froito pódese utilizar como ingrediente substitutivo doutras froitas en calquera receita.
As follas tenras pódense engadir á ensalada ou empregarse en cocidos ou infusión.
USOS  MEDICINAIS:
Reumatismo, problemas hepáticos, gota, disolvente de cálculos, obesidade, tifo, enfermidades do bazo, diarrea, tose, catarro, asma, depuración do sangue, blenorraxias, disentería.

ELABORACIÓN: MARMELADA DE AMOROTES
Ingredientes:
·         2 kg de amorotes
·         900 g de azucre
·         Zume de un limón
Preparación:
·         Lavar e desinfectar os amorotes.
·         Retirar a parte verde, as  partes danadas.
·         Picalos en anacos.
·         Colocar nunha pota e engadir o azucre e o zume de limón.
·         Cociñar a lume lento, removendo o contido ata que se vaia desfacendo.
·         Unha vez cociñada retirar e pasar o contido por unha batedora
Envasado:
·         Lavar os botes e as tapas
·         Verter a marmelada nos botes de cristal mentres estea quente, a uns 80 ºC, e ir pechando cada bote rapidamente despois de enchelo. Isto é importante para que fagan o baleiro. Os botes non deben encherse de todo, hai que deixar un espazo de cabeza libre para que non rebenten ao esterilizalos, este espazo adoita ser o colo do envase. 
·         Finalmente esterilizar os botes de marmelada pechados. Pode facerse nunha ola a presión durante 15 min dende que a válvula indica que está á máxima presión ou ao baño de maría como mínimo 30 min despois de que ferva.
·         Unha vez esterilizados gardar en un lugar seco, fresco e lonxe da luz e poden manterse ata o seguinte ano.

A XESTA



Nome en Galego: Xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta mansa, xesta amarela, xesta molar ou xesta moura.

Nome en Castelán: Alama, albareja, apiorno, barredoira, cabestro de ouro, chamiça, codeja, escoba, escoba amarga, escoba amarela, escoba de flor amarela, escobajera, escoba negra, escoba negreira, escobas, escobón, escobonera, genista angulosa, ginesta, ginesta angulosa, hiniesta, hiniesta branca, hiniesta de escobas, hiniesta escobar, hiniesta negra, illesta, inhiesta, giniesta, morisca, piorno, piorno amarelo, piorno negro, escoba de bruja.

Nome científico: Cytisus scoparius

Historia do seu uso na alimentación en Galicia e no mundo:
Non se coñecen moitos usos na cociña tradicional galega. As bagas de xesta teñen un aroma fragrante e picante, así como un sabor agridoce.
As bagas de xesta empréganse na elaboración da augardente de caña.
As choucroute son máis deliciosas e menos flatulentas.
Tomar infusións das súas bagas e flores era un costume dos avós, dicían que exercía unha acción benéfica sobre os riles e o estómago e era revitalizante. Ademais, o seu consumo fortalece o cerebro e os nervios, combate o catarro e a epilepsia.
En África utilízana como estimulante do apetito así como un antivenéreo.
En Mongolia as parturientes toman unha infusión de follas da xesta para relaxarse.
Unha vella receita medieval fala sobre o uso da xesta para expulsar as secundinas (placenta) tomando 30 pingas de aceite de xesta disolto en licor.

Unha das ensaladas con maior gusto de moitos pobos da serra peruana consiste en mesturar flores de xesta con anacos de pataca lixeiramente cocida, tomates, cebola e aguacate.




FLOR DE CABAZA



O LIÑO

Nomes galegos da planta: liño ou liñaceira.
Nome castelán da planta: lino, linaza.
Nome científico: Linum usitatissimun

Historia do seu uso
Esta planta é coñecida desde fai miles de anos por diversas culturas, como a exipcia, pero a pesar da súa longa historia, é a partir da Idade Media cando se posúen datos claros acerca da importancia do liño en Galicia, época na que existe unha auténtica "cultura do liño" nesta terra. A importancia do liño na economía dos campesiños galegos non foi sempre a mesma, é a finais do século XVIII e primeiros anos do XIX cando se sitúa a etapa máis próspera. Hoxe sábese que esta planta era coñecida dende o Neolítico, en Extremo Oriente e en Europa. Utilizouse como aceite, alimento e na produción téxtil. Aos castros portugueses e a Galicia xa chegou no II milenio a.C. Os historiadores romanos fan referencia ao liño e os lusitanos e na Gallaecia xa se facían coirazas tecidas con liño.
Tamén denominada liñaceira (lino ou linaza en castelán), aínda non se atopa moi difundida no que respecta á alimentación.

martes, 6 de xuño de 2017

CHUCHAMELES


Dous alumnos do ciclo superior Procesos e calidade na industria alimentaria, Tomás Colomer Busoms  e Daniel Pérez Prol, realizaron unha investigación sobre o emprego na alimentación dos chuchameles, dos cales recordaban  coller os talos de nenos para chupalos polo seu sabor agre.


Prixel de mar




Nome en castelán: Hinojo Marino                  


Nome científico: Crithmum maritimum

Usos no mundo: Na gastronomía española é moi utilizado para a confección de encurtidos, para preparar salsas e diferentes aliños cun toque de anís. Follas, sementes e bulbos, de prixel, utilízanse comunmente na cociña típica de Andalucía e do resto de España, e, sobre todo, na confección de encurtidos, aliños e salsas. En Galicia é tradicional o uso da planta seca para aromatizar as castañas cocidas ou asadas ás brasas, que se comen tradicionalmente no outono.

Borraxa



O meu nome é Christian Gortemulder Campo, e son técnico medio en produción agroecolóxica. Como técnico traballei coa borraxa, planta que atopamos nos solos acedos de Galicia e que ten un uso apreciado en agricultura ecolóxica, xa que se pode empregar como fitosanitario, fertilizante, atraente de insectos polinizadores, etc …

Ademais do seu uso en agricultura, a borraxa ten valiosos usos culinarios, para os que se empregan tanto os talos como a flor. A borraxa usada na cociña é un manxar.

Decidín investigar sobre esta planta porque me fascinou o feito de que unhas simples flores teñan usos culinarios e poidan ser unha gran delicatessen empregada por moitos cociñeiros, como Ferrán Adriá, Albert Adriá, Juan Mari Arzak e Alberto Chicote, e en grandes restaurantes de cinco estrelas.

luns, 29 de maio de 2017

A NÉBODA E A TRADICIÓN


Os alumnos de 1º de CM de Elaboración de Produtos Alimentarios, Candela Madrid e Daniel Romero, fixeron este traballo sobre a NÉBODA:




COLLEITADORES

A  N É B O D A

Reunímonos cunha veciña de Palmeira de 94 anos, vividos todos no mesmo lugar. Ten unha neta que escoitaba a nosa conversa e tamén participou, recordando que de pequena encantábanlle as castañas cocidas que facía a súa avoa.

Xusto alí a avoa falounos da NÉBODA do seu uso na alimentación, tanto para aromatizar sobremesas como guarnicións.

mércores, 24 de maio de 2017

O USO DO CARDO NA ALIMENTACIÓN

Dous alumnos do Ciclo Superior Procesos e Calidade na Industria Alimentaria do CIFP Coroso decidiron investigar sobre o cardo, xa que lles parecía interesante pescudar se esta planta, que na zona na que viven é considerada unha mala herba, podía ter usos na alimentación.


venres, 19 de maio de 2017

PEQUENOS COLLEITEIROS NA PROCURA DO TESOURO

Dentro do proxecto Colleitadores, na actividade "Pequenos Colleiteiros", colaboran con nos os alumnos de Infantil, e 5º e 6º de primaria do CEIP de Artes. Así que, aproveitando que o CEIP de Artes está situado nun lugar privilexiado para a observación e recollida de plantas silvestres comestibles. O pasado Martes 16 fómonos alí de visita cos alumnos da FP Básica de Industrias Alimentarias, e xunto cos nenos dese colexio fixemos un percorrido polos arredores vendo as plantas silvestres comestibles que nos aparecían ao paso.

venres, 12 de maio de 2017

A ROSEIRA SILVESTRE

Traballo sobre a ROSEIRA SILVESTRE feito por Benjamín Cea e Adan Martínez (alumnos de 1º de CM de Elaboración de Produtos Alimentarios)

luns, 1 de maio de 2017

FEIRA DO ENSINO DE RIBEIRA E SAIMOS NA PRENSA

O pasado venres día 28, o Departamento de Industrias Alimentarias xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega estivemos na Feira do Ensino do concello de Ribeira. cunha actividade de promoción do proxecto Colleitadores, do Plan Proxecta de Innovación en dinamización da Lingua Galega. A actividade consistiu na degustación de varios produtos alimentarios desenvolvidos no marco do proxecto Colleitadores. Produtos elaborados con plantas silvestres comestibles como ingrediente.

venres, 14 de abril de 2017

O ALMANAQUE DA COLLEITA

 

Deseñamos un almanaque das plantas comestibles.

      Os membros do proxecto Colleitadores decidimos deseñar un almanaque para facer promoción do noso proxecto, e así poder repartilo ás visitas, e máis nas feiras e actividades nas que imos a participar co proxecto Colleitadores.

domingo, 2 de abril de 2017

COMO COCIÑAR ESPÁRRAGOS DE XIBARDA

Nesta entrada veremos como debemos tratar os espárragos de xibarda de xeito que se reduza ao máximo o seu amargor. Aínda que hai persoas ás que ese toque amargo lles gusta, nese caso simplemente cocíñaos como os espárragos trigueiros.

sábado, 4 de marzo de 2017

INTERESES DE IMPORTACIÓN E DE COMO ME METÍN NESTA LEA


Como me metín nesta lea das plantas silvestres comestibles, e como apesares de que a maioría da xente que coñezo afirma que nunca consumiron plantas silvestres, afondando máis na conversa sempre acaba xurdindo algunha experiencia ou algún coñecemento case esquecido.

martes, 31 de xaneiro de 2017

¡TODA AXUDA SERÁ BENVIDA!

As plantas e froitos silvestres crecen de forma natural e espontánea e achegan ao noso organismo elementos nutritivos de alto valor biolóxico, vitaminas, sales minerais e outras sustancias activas con propiedades beneficiosas, que na súa inmensa maioría, están aínda por descubrir.

xoves, 19 de xaneiro de 2017

NACE UN NOVO BLOG

Como ben se explica na portada,  este blog xurde ó abeiro do Plan Proxecta de innovación en dinamización lingüística que vai a levar a cabo o Equipo de Dinamización  da Lingua Galega do CIFP Coroso, e do interese dun grupo de profesores da especialidade de Industrias Alimentarias por innovar na práctica docente e tamén no seu campo de actividade.