mércores, 7 de xuño de 2017

Ortiga: Urtica dioica




Nome en galego: herba dos cegos, estruga maior, ortiga, estruga

Nome en castelán: Ortiga mayor, ortiga verde

A ortiga (do latín 'urtica') é o nome común das plantas do xénero Urtica, da familia das urticáceas, en galego chamada herba do cego.

A Urtica dioica, coñecida como ortiga maior e ortiga verde, é a máis común e é perenne.

Acada entre 50 e 150 centímetros. A característica máis coñecida é a presencia de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con picor intenso na pel cando se lle toca ou roza, causando bochas, debido a isto é unha das malas herbas habituais máis coñecidas.

Pódense recoller as súas follas, que é o máis aproveitable como alimento, todo o ano; aínda que é preferible a colleita antes da súa floración.



Propiedades

As ortigas fervidas son ricas en carotenos, clorofila, vitaminas B e C, minerais como o potasio, fósforo, sílice e calcio. Son depurativas, diuréticas, vasoconstrictoras e expectorantes, estimulan o metabolismo, o sistema dixestivo e reducen o nivel de glicosa en sangue.



Usos na alimentación
A ortiga ten diversos usos na alimentación.
As follas vellas non deben ser utilizadas, resultan irritantes e tóxicas para os riles.
As follas tenras poden ser utilizadas frescas ou secas, pero débense sumerxir en auga para que non piquen.
Tras 12 horas  da súa recolección desaparecen as propiedades urticantes do ácido fórmico da e a ortiga xa non pica e incluso pódese comer en ensaladas, aquí os brotes están máis tenros.
A folla fresca pódese utilizar para elaborar zumes verdes, ricos en clorofila e moi nutritivos.
As follas e raíces secas pódense consumir en infusións.
Pódense empregar para elaborar tortillas e sopas con apio e cebolas, para elo débense cocer previamente durante 20 minutos.
Tamén se pode elaborar coas ortigas crema de ortigas ou puré doce de ortigas.
As ortigas empréganse tamén na fabricación de licores.


Contraindicacións
A ortiga está contraindicada nos seguintes casos:
En caso de embarazo. Os seus compoñentes activos poden afectar ó metabolismo das hormonas, podendo incluso estimular contraccións uterinas e provocar un aborto involuntario.
Durante a lactancia.
Se sofre de diabetes.
Se ten a presión arterial baixa.
Se adoece de problemas renais.  As follas de ortiga teñen a capacidade de aumentar o fluxo de ouriños.
Se consume medicamentos para a hipertensión.
Se consume medicamentos sedantes.
Se inxire medicamentos para regular a coagulación do sangue.
En rapaces menores de 12 anos.



TORTILLA DE ORTIGA VEGANA


Ingredientes 


500 g de ortigas
5 dentes de allo
Aceite de oliva
125 g de fariña
Sal
1 g de cúrcuma
Leite vexetal

Preparación


• Lavado e acondicionamento
Esfóllanse as ortigas e lávanse para sacar restos de terra e outros sólidos.

• Escaldado
Sometémolas a un proceso de escaldado, durante 1 minuto, con isto conseguimos que planta deixe de picar.

• Escorrido
Deixámolas escorrer durante 10 minutos aproximadamente e reservamos.

• Dourado de allo
Quéntase a prancha cun pouco de aceite de oliva.
Póñense 5 allos previamente laminados na prancha e douramos durante 5 minutos aproximadamente, cando empecen a tornar de cor engádense as ortigas e salteámolas.

• Mesturado de ingredientes
Nun recipiente engadimos 125g de fariña, cun pouco de sal e 1 g de cúrcuma.
Mestúranse os sólidos e a leite vexetal a velocidade lenta evitando a formación de grumos, hasta conseguir unha masa bastante líquida.
Engádense as ortigas salteadas á masa e mesturamos todo hasta obter unha masa homoxénea.

• Tratamento térmico de preparación

Engadimos a masa nunha tixola previamente quente, a lume medio, esparexendo a masa uniformemente e déixase a fogo suave durante un tempo de 2 minutos para que vaia solidificando.
Cando a masa quede solta dáselle a volta e subimos o lume, engádese aceite se fose necesario e deixamos que se vaia dourando, logo retirámola do lume.

• Envasado

Envasado de produto ó baleiro nuns filmes de plástico estables ó calor

• Almacenamento

Manter a temperaturas de refrixeración entre 2ºC e 4ºC.

2 comentarios:

  1. moi boas; dicir que a foto que aparece, eu na coñezo coma ortiga, senon coma celidonia ou celedonia, que se emprega moito para as berrugas e outros temas da pel

    ResponderEliminar