Dentro do proxecto Colleitadores, na actividade "Pequenos Colleiteiros", colaboran con nos os alumnos de
Infantil, e 5º e 6º de primaria do CEIP de Artes. Así que, aproveitando que o CEIP de Artes está situado nun lugar privilexiado para a observación e recollida de plantas silvestres comestibles. O pasado Martes 16 fómonos alí de visita cos alumnos da FP Básica de Industrias Alimentarias, e xunto cos nenos dese colexio fixemos un percorrido polos arredores vendo as plantas silvestres comestibles que nos aparecían ao paso.
Á volta, organizamos unha busca do tesouro na que seis equipos mixtos de alumnos, acompañados cada un dun profesor, xuntaron o tesouro da lista:
Eliximos para a busca plantas doadas de diferenciar, nas que a parte a buscar estivese no momento da colleita. Pero debido ao tempo que estamos a ter este ano e á seca, os couselos que atopamos xa estaban moi secos e os toxos xa case non tiñan flor e estaban cos froitos.
Aínda así, conseguimos atopar todos os exemplares que se pedían na lista. E mesmo no patio do propio colexio atopamos amorodeiras, que xa tiñan froitos. De regreso, acabamos a busca no punto de encontro, un piñeiro manso que crece ao ladiño do colexio, e que nos deu a escusa para falar de todas as partes comestibles que teñen os pinos. Ao final, os alumnos ata se atreveron a probar os froitos da malva.
Os primeiros alumnos que chegaron ao punto de encontro coas súas bolsas cheas de tesouros |
Comprobamos que todos os tesouros estiveran completos e logo, os alumnos da Básica faláronnos dos nomes plantas que recollemos, das súas características e dos seus usos culinarios.
Para realizar as súas exposicións, os alumnos da FP Básica axudáronse dunhas fichas que eles
mesmos elaboraron, para poder recordar as características de todas as
plantas da lista. Publicaremos tamén esas fichas en próximas entradas.
As flores de trevo recollidas ían a empregarse para elaborar unhas galletas, pero como debido á seca, algunhas estaban pasadas. Ademais, coas presas e a emoción da competición, recolléronse moitas á veira da estrada, por iso preferimos collelas outro día con máis calma para facer esas galletas.
Fichas das plantas empregadas nesta actividade expostas na entrada do CIFP Coroso |
Nesta actividade participaron 14 alumnos e alumnas de FP Básica, 7 de Infantil e 14 de 5º e 6º de Primaria. Acompañados de 3 profesoras do CIFP Coroso e do IES Nº1 e 3 mestras e mestres do CEIP de Artes.
Ó remate da actividade os alumnos déronnos a súa valoración polo método das cariñas e ¡FOI UN ÉXITO TOTAL!
¡Adicáronnos un monte de cariñas sorrintes! |
Ademais, dentro da actividade "Pequenos Colleiteiros", os alumnos do CEIP de Artes fixeron para nos uns traballos moi orixinais e bonitos que imos a
publicar tamén en próximas entradas. Xa para rematar con esta actividade, dentro duns días virán a elaborar connosco
algúns produtos nos que utilizaremos plantas silvestres ¡¡e logo poderemos merendalos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario