mércores, 7 de xuño de 2017

O LIÑO

Nomes galegos da planta: liño ou liñaceira.
Nome castelán da planta: lino, linaza.
Nome científico: Linum usitatissimun

Historia do seu uso
Esta planta é coñecida desde fai miles de anos por diversas culturas, como a exipcia, pero a pesar da súa longa historia, é a partir da Idade Media cando se posúen datos claros acerca da importancia do liño en Galicia, época na que existe unha auténtica "cultura do liño" nesta terra. A importancia do liño na economía dos campesiños galegos non foi sempre a mesma, é a finais do século XVIII e primeiros anos do XIX cando se sitúa a etapa máis próspera. Hoxe sábese que esta planta era coñecida dende o Neolítico, en Extremo Oriente e en Europa. Utilizouse como aceite, alimento e na produción téxtil. Aos castros portugueses e a Galicia xa chegou no II milenio a.C. Os historiadores romanos fan referencia ao liño e os lusitanos e na Gallaecia xa se facían coirazas tecidas con liño.
Tamén denominada liñaceira (lino ou linaza en castelán), aínda non se atopa moi difundida no que respecta á alimentación.


Descrición
É unha planta da familia das lináceas. O liño cultivado (Linum Usitatissimun), é chamado liño manso ou galego. Trátase dunha planta anual que pode alcanzar desde 30 centímetros ata un metro. Posúe follas lanceoladas con tres nervios, flores dun azul vivo, que poden chegar aos tres centímetros de diámetro, e o seu froito é globuloso.
É unha planta herbácea silvestre e doméstica. O tempo adecuado para sementala depende do tipo de clima. En Galicia sementábase ao final do mes de abril ou a principios do mes de maio, xeralmente nunha terra de regadío na que crecera pouca herba, labrando e limpando a terra, quitando as herbas e impurezas antes de botar a semente que se facía ao bato e nacía rapidamente para florecer a finais da primavera. O único coidado que requiría durante o crecemento da planta era quitar as malas herbas que puidesen ir crecendo.
O seu talo é un tubo de forma poligonal, cuxa medula representa o 30% de onde se obtén a fibra; envolta dunha cortiza leñosa que hai que rexeitar, que representa o 70% do talo. Termina nunhas cápsulas chamadas "bagaño", que contén a semente ou "liñaceira". A súa altura é de 0,5 a 1 metro, segundo variedade e medio de cultivo.

 Beneficios da incorporación a dieta
Denominado “alimento funcional” xa que máis aló dos efectos nutricionais habituais, posúe efectos beneficiosos agregados sobre varias funcións do organismo, e reduce o risco de padecer enfermidades.
Componse en maior proporción por aceites: ácidos graxos poliinsaturados Omega 3 (75 %) en relación con ácidos graxos Omega 6 (25%), tamén posúe proteínas, fibra, mucílaxe e carbohidratos. Ademais posúe vitamina E, vitaminas do grupo B, iodo, zinc, ferro, caroteno, magnesio, calcio, sulfuro, potasio, fósforo, manganeso, silicio, cobre, níquel, molibdeno, cromo e cobalto, e algunhas enzimas útiles que axudan á dixestión doutros alimentos.
O aceite contido na semente de liño é unha das maiores fontes vexetais de ácidos graxos poliinsaturados esenciais.

Do mesmo xeito que outros froitos secos e sementes, as de liño son ricas tanto en fibra soluble como insoluble. O mucílaxe, unha sustancia vexetal que aumenta a viscosidade do contido do intestino delgado, axuda a previr as cardiopatías mediante a redución do colesterol e protexe todo o tracto dixestivo xa que dá lugar á utilización de moitos outros nutrientes esenciais.
É moi útil como reguladora do tránsito intestinal, tanto en constipación como en diarreas. Evita a incursión das bacterias a través das membranas mucosas, destrúe as toxinas que se acumulan no colon e estabiliza as concentracións de azucre en sangue.
As sementes de liño ou “liñaceira” conteñen importantes cantidades de axentes anticancerosos: os lignanos (no aceite de liño non, só nas sementes), atópanse na maioría das plantas ricas en fibra, pero as sementes de liño son as maiores fontes desta sustancia. Son un químico natural vexetal contido dentro da matriz das sementes de liño e considerados como hormonas das plantas. Cando as bacterias no tracto dixestivo actúan sobre os lignanos estes convértense en potentes sustancias similares ás hormonas, coñecidos como compostos fitroestroxénicos. Os beneficios da inxesta de comida con alto contido de lignanos tradúcense en baixa incidencia de cancros de mama, colon e próstata. Estas “hormonas” actúan mimetizando aos estróxenos do corpo e así bloquean a formación de tumores baseados en hormonas ou o seu crecemento. Os lignanos tamén son considerados antioxidantes podendo protexer as células dos axentes causantes de cancro.
As sementes de liño son un aliado de primeira para adelgazar, xa que son ricas en fibra e, por tanto, saciantes. Ademais de axudarnos a controlar o apetito, un dos seus beneficios máis coñecidos, tamén é unha alternativa natural para eliminar as toxinas do organismo (efecto diurético), o exceso de líquidos e regular o tránsito intestinal.
Algúns datos para ter en conta ao cociñar con liño moido:
- Debido ao seu alto contido en aceite, pode substituír unha proporción de materia graxa en receitas.
- Os produtos de panadería con liño moido escurécense máis que aqueles con só agregado de aceite.
- A adición de moito liño pode resultar un produto enfornado de menor volume. Nos panificados industriais agréganlle glute para contrarrestar ese efecto.
- Cando se agrega liño en preparacións, debe agregarse máis cantidade de líquido.

O máis importante que hai que saber antes de tomar sementes de liño, é que hai que moelas antes de inxerilas. O noso corpo non pode rompelas de forma natural para absorber todos os seus nutrientes.
A mellor maneira de experimentar todos os beneficios das sementes, é consumilas en forma de xerminados. Cando se poñen as sementes a remollo, xerminan, e así eliminan o ácido fítico e auméntase a absorción de minerais.
Contraindicacións
As sementes de liño débense evitar en caso de padecer problemas de colon irritable, xa que poden agravar os síntomas de irritación do intestino.

ELABORACIÓN

Hamburguesas de liño caseiras

Ingredientes
500 gramos de fabas negras.
100 gramos de millo fresco.
50 gramos de sementes de liño.
10 gramos de pan relado ou avea moida.
20 ml de aceite de oliva.
2 culleradas de pirixel fresco picado.
1 dente de allo.
Sal mariña.

ELABORACIÓN
1. Recepción e selección dos ingredientes.
2. Lavado e hixienización dos produtos segundo necesidade.
3. Cocción das fabas negras durante 15 minutos (Poñelas a remollo con a lo menos 24h de antelación).
4. Cocción do millo, entre 10 e 20 minutos.
5. Moer as sementes do liño ou machacalas debidamente co fin de rompelas.
6. Cortar un dente de allo.
7. Mesturar todos os ingredientes nun cunco (fabas, millo, allo, pan moido, pirixel, aceite de oliva e sal)
8. Integrar cun procesador de alimentos manual ata lograr una pasta consistente.
9. Agregar pan relado conforme sexa necesario ata obter textura idónea.
10. Introdución da pasta na máquina moldeadora de hamburguesas.
11. Colocación de películas plásticas individuais.
12. Envasado en barquetas de 6 unidades.
13. Etiquetado.
14. Almacenamento a refrixeración.



                                

Ningún comentario:

Publicar un comentario