xoves, 19 de xaneiro de 2017

NACE UN NOVO BLOG

Como ben se explica na portada,  este blog xurde ó abeiro do Plan Proxecta de innovación en dinamización lingüística que vai a levar a cabo o Equipo de Dinamización  da Lingua Galega do CIFP Coroso, e do interese dun grupo de profesores da especialidade de Industrias Alimentarias por innovar na práctica docente e tamén no seu campo de actividade.



Primaveras en flor, foto tomada fai dous días no lugar do Castro, Artes, Concello de Riveira

O noso blog ten a intención de ser un lugar onde intercambiar ideas sobre as tradicións relacionadas coa colleita e usos alimentarios das plantas silvestres. Ademais, de ser posible gustaríanos darlle unha aplicación práctica a eses coñecementos elaborando novos produtos e desenvolvendo prácticas que sexan de aplicación nos respectivos módulos que impartimos.
Non somos expertos na materia, nada máis aló, pero queremos selo cada día máis, por iso nos gustaría invitar a participar a todo aquel que teña coñecementos, ou simplemente interese na materia.

¡Benvidos todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario