NOME COMÚN:
Galego: Amorotes
Castelán: Fresa silvestre
|
OUTROS NOMES
GALEGOS:
Amorón, morillón, amorillón, amorillote, amorodo, morando, morango, morodo, morogo, morote,
careixóns...
|
NOME CIENTÍFICO:
Fragaria
vesca
|
FOTO:
|
DESCRICIÓN:
Coñecido
como amorodo silvestre o amorote en Galicia crece nos montes, cerca de
silveiras e entre as toxeiras. Ten unha raíz vivaz e florece entre marzo e
agosto. O amorote ten un aroma e un sabor máis delicado e máis fino que os da
fresa cultivada. Esta planta é perenne, herbácea, os talos sobresaen 25 cm.
como máximo cubertos por unha especie de pelos na parte superior. Destes talos
nacen as flores brancas, de cinco pétalos e un cáliz amarelo. Cando
frutifica perde os pétalos e o cáliz crece formando o froito. Este froito
pódese encontrar encarnado, amarelo ou branco; tamén pode ser redondo,
aplanado ou prolongado.
|
HISTORIA DO
SEU USO NA ALIMENTACIÓN:
Dende
a época romana e ata a aparición doutras froias máis doadas de cultivar o seu
uso era en alimentación en marmelada, directa e decoración.
No
Reino Unido atopase a única empresa (Wikin & son) que elabora marmelada e
xenebra con este froito.
|
POSIBLES USOS:
O
froito pódese utilizar como ingrediente substitutivo doutras froitas en
calquera receita.
As
follas tenras pódense engadir á ensalada ou empregarse en cocidos ou
infusión.
|
USOS MEDICINAIS:
Reumatismo,
problemas hepáticos, gota,
disolvente de cálculos, obesidade, tifo, enfermidades do bazo, diarrea, tose,
catarro, asma, depuración do sangue, blenorraxias, disentería.
|
ELABORACIÓN: MARMELADA DE AMOROTES
Ingredientes:
· 2 kg de amorotes
·
900 g de
azucre
·
Zume de un limón
Preparación:
·
Lavar e desinfectar os amorotes.
·
Retirar a parte verde, as partes danadas.
·
Picalos en anacos.
·
Colocar nunha pota e engadir o azucre
e o zume de limón.
·
Cociñar a lume lento, removendo o
contido ata que se vaia desfacendo.
·
Unha vez cociñada retirar e pasar o
contido por unha batedora
Envasado:
·
Lavar os botes e as tapas
·
Verter a marmelada nos botes de
cristal mentres estea quente, a uns 80 ºC, e ir pechando cada bote rapidamente despois de enchelo. Isto é importante para que fagan o baleiro. Os botes non deben encherse de todo, hai que deixar un espazo de cabeza libre para que non rebenten ao esterilizalos, este espazo adoita ser o colo do envase.
·
Finalmente esterilizar os botes de marmelada pechados. Pode facerse nunha ola a presión durante 15 min dende que a válvula indica que está á máxima presión ou ao baño de maría como mínimo 30 min despois de que ferva.
· Unha vez esterilizados gardar en un lugar seco, fresco e lonxe da luz e poden manterse ata o seguinte ano. |
Este blog xurde do interese dun grupo de profesores da especialidade de Industrias Alimentarias por innovar na práctica docente e no seu campo de actividade. E ten a intención de ser un lugar onde intercambiar ideas sobre as tradicións relacionadas coa colleita e usos alimentarios das plantas silvestres, e dar aplicación a eses coñecementos no desenvolvemento de novos produtos.
mércores, 7 de xuño de 2017
AMOROTES
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario