mércores, 7 de xuño de 2017

FLOR DE CABAZA




ELABORACIÓN DE FLORES DE CABAZA REBOZADAS

Ingredientes:

24 flores de cabaza - 2 ovos - 250 ml de leite - 8 gramos de fermento químico (Gasificantes (bicarbonato de sodio E-500 (ii), difosfato disódico E-450 (i)), fariña de arroz, estabilizante (fosfato monocálcico E-341 (i)) - 160 gramos de fariña - Aceite de oliva para fritir - Sal ou azucre ao gusto.

Proceso de elaboración:

1) Recepción da materia prima.

2) Lavado das flores de xeito coidadoso con auga fría para eliminar restos de terra ou insectos.

3) Secado de forma manual con de papel de cociña ou cunha centrifugadora de ensaladas.

4) Eliminación das partes non comestibles: retirar as partes verdes que sobresaen dos talos, e tamén retirar fibras. Quitar os pistilos.

5) Pesado de todos os ingredientes.

6) Mesturado: bater os ovos e engadir o leite, a auga e o lévedo, e bater todo de novo. Logo, mesturar a fariña pouco a pouco ata conseguir unha pasta compacta.

7) Repouso: 30 minutos.

8) Rebozado: mollar as flores da cabaza na pasta.

9) Fritura: en aceite de oliva, ata que estean douradas.

10) Engadido de azucre: esparexer por enriba (opcional).

11) Arrefriamento: 1 hora.

12) Envasado: en bandexas en atmosfera modificada, con mestura de gases (30% CO2, 70% N2).

13) Etiquetado.

14) Almacenamento: refrixerado a temperatura inferior a 4ºC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario