Nome en castelán: Hinojo Marino
Nome científico:
Crithmum maritimum
Usos no mundo: Na gastronomía española é moi
utilizado para a confección de encurtidos, para preparar salsas e diferentes
aliños cun toque de anís. Follas, sementes e bulbos, de prixel, utilízanse
comunmente na cociña típica de Andalucía e do resto de España, e, sobre todo,
na confección de encurtidos, aliños e salsas. En Galicia é tradicional o uso da
planta seca para aromatizar as castañas cocidas ou asadas ás brasas, que se
comen tradicionalmente no outono.
Descrición:
Especie pertencente ao xénero Crithmum, é unha
planta leñosa de pouca altura que nace nas zonas costeiras, é unha planta
halófila e resistente á seca. Os seus talos son longos, grosos, flexibles e
pouco ramificados. Cor verde glauco como as follas. O crecemento é próximo ao
chan e non adoita superar altura de 70 cm. A agrupación das súas follas é en
forma de umbela, a planta pode desenvolver varias umbelas nunha mesma rama,
aínda que as umbelas terminais son as máis desenvolvidas, cada unha posúe entre
5 e 15 brácteas, as cales terminan en umbelas onde están as flores.
As súas flores son diminutas,
brancas ou verde amareladas. Son hermafroditas e están constituídas por 5
pétalos, 5 estambres, 2 estilos e un ovario ínfero.
O seu froito ten forma
elipsoidal de aproximadamente 6 mm de lonxitude. Contén no seu interior 2
sementes, forma acanalada por unha banda e planas polo outro. Florece a finais
de verán de Xullo a Outubro. Os froitos maduran en Outubro.
Partes comestibles:
As follas e os brotes tenros pódense comer
fervidos como verdura e serven para facer salsas con cogombros, alcaparras e
ovos. Nas zonas costeiras mediterráneas póñense coas anchoas en salmoira ou
para aderezar olivas. Os cogollitos de fiúncho, tenros, constitúen unha
excelente verdura para o seu uso en ensaladas e ensaladillas; a miúdo,
mestúranse con teraxacón, berros, etc.
O bulbo de fiúncho pode
incluírse en guisos, sopas, ensaladas e unha infinidade de receitas.
Os froitos úsanse como unha
especie parecida ao comiño para aromatizar vinagres, aceites, etc. As sementes
xerminadas pódense engadir a ensaladas, bocadillos e pratos variados, delas
extráese un aceite de boa calidade nutricional.
Advertencias:
debido á súa riqueza en iodo, as persoas con
hipertiroidismo, en principio, non deberían abusar do seu consumo. Con todo,
tamén contén acedo clorogénico que dificulta a absorción do iodo. Recoméndase
precaución durante o embarazo. Tampouco é moi recomendado que o utilicen as
persoas que sofren dalgún tipo de alerxia ao consumir apio ou cenoria, pois o
fiúncho podería producir a mesma reacción.
Elaboración do Encurtido de Hinojo Marino
Recepción da materia prima constituída por 900 Kg de pirixel de mar.
Lavado do produto enteiro para diminuír a sucidade e restos de terra
que poidan levar adherida. O lavado realízase simplemente con auga.
Selección e separación de ramas defectuosas. Este proceso está destinado a incrementar a
calidade da materia prima eliminando as ramas con cores indesexables, restos de
flores ou outras plantas que podamos atopar.
Cortado de talos e ramas grosas. Eliminamos as partes non comestibles ou non
desexadas.
Inspección do producto cortado. Realízase un control visual para asegurar
que a operación realizouse
correctamente.
Lavado de desinfección do produto cortado con axentes desinfectantes
(hipoclorito sódico) e aclarado con auga.
Secado e escurrido.
Preparación do líquido de goberno. Preparamos o líquido de goberno para uns 180
g de prixel por bote. Partimos de 900.000 g de prixel para facer un total de
5.000 botes.
Elaboración do líquido:
·
vinagre 75%
·
sal 5%
·
auga 10 %
Envasado:
Énchese o envase, previamente esterilizado, incorporando o prixel e faise o
recubrimiento do líquido de goberno ata encher todos os espazos.
Almacenamento. O prixel de mar envasado en salmuera non se
poderá consumir directamente, necesitaremos un tempo de 1 mes para que a
fermentación se leve a cabo.
Fermentación.
Esta operación é a máis importante de todo o proceso de fabricación, consiste
en poñer a materia prima en salmuera, e deixar que a flora microbiana realice a
fermentación natural.
Pesado, etiquetaxe e almacenado a temperatura ambiente ata a súa
distribución.
Este produto ten unha duración
dun ano e medio, a partir de aí a rama empeza a escurecer, poderíase consumir
pero non é moi aconsellable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario