O
pasado venres día 28, o Departamento de Industrias Alimentarias xunto co Equipo
de Dinamización da Lingua Galega estivemos na Feira do Ensino do concello de
Ribeira. cunha actividade de promoción do proxecto Colleitadores, do Plan
Proxecta de Innovación en dinamización da Lingua Galega. A actividade consistiu na degustación de
varios produtos alimentarios desenvolvidos no marco do proxecto Colleitadores. Produtos
elaborados con plantas silvestres comestibles como ingrediente.
Os produtos presentados na feira foron:
linguas de froitas e ortigas, galletas de flores de trevo e tortiñas de flores
de bieiteiro con xarope de flores de bieiteiro.
Para darlle unha maior difusión á
actividade elaboramos un folleto informativo a cerca do proxecto que incluía as
receitas dos produtos presentados na feira.
Este é o folleto que se dobraba en seis cadros, primeiro o folio á metade lonxitudinalmente e logo en forma de tríptico. O deseño foi elaborado utilizando o programa PowerPoint, e as composicións fotográficas incluídas no folleto foron realizadas coa aplicación en liña Canva. Por se a alguén lle interesase, pódese descargar aquí unha copia do modelo en PowerPoint editable.
Cara traseira do folleto |
As
receitas incluídas no tríptico irémolas publicando no blog para explicar a
fondo todos os detalles de cada elaboración, xa que no tríptico están
recollidas de xeito resumido por motivos de espazo.
O
público asistente tivo a oportunidade de dar a súa opinión a cerca dos produtos
degustados, para iso, e tendo en conta que a maioría do público era infantil,
elaboramos un sistema de puntuación visual moi visual. Que consistía en que os
asistentes debuxasen cariñas sorrintes, serias ou tristes segundo o produto
lles gustase máis ou menos. As cariñas tiñan unha
cor diferente segundo o produto degustado, e introducíanse en recipientes
diferentes que levaban o nome do produto e a cor correspondente.
sistema de valoración dos produtos |
Varios grupos de alumnos dos centros de ensino do concello de Ribeira visitaron o noso posto na feira, entre eles do IES Leliadoura, da asociación Ámbar e do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras, tamén visitaron o noso posto persoas que visitaban a feira de xeito individual e membros doutros postos.
Todos os visitantes do noso posto probaron algún dos nosos produtos e moitos déronnos a súa opinión. Deste xeito obtivemos os seguintes resultados na valoración dos nosos produtos:
Os alumnos de 1º do Ciclo Superior de
Procesos e Calidade na Industria Alimentaria elaboraron os produtos e
participaron de xeito voluntario na montaxe e realización da actividade.
Ademais os alumnos de 1º do Ciclo Medio de
Elaboración de Produtos Alimentarios tamén colaboraron na elaboración de
produtos para a feira.
¡Moitas
grazas a todos!
O xoves tamén saimos na prensa, no Correo Gallego publicaron un artigo sobre os produtos desenvolvidos nos Plans Proxecta que se levaron a cabo no centro este ano e entre eles fixeron mención ao noso proxecto Colleitadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario