Froitos do espiño branco fotografados en setembro |
As plantas silvestres teñen máis
vitalidade e mellor calidade biolóxica, ademais de posuír unha mellor
capacidade de adaptación ao medio que as de cultivo, xa que están mellor
adaptadas ás condicións ambientais dos lugares onde crecen.
Nos últimos anos estanse a adaptar
ao cultivo a gran escala, e fomentando o consumo de especies vexetais
tradicionalmente silvestres, como poden ser o sabugueiro, a eiruga, os
canónigos, os berros, etc. Incluso os restaurantes de alta cociña do mundo se votaron
ao campo para incluír en todo un abano de pratos creativos as plantas da súa
contorna.
Por outra banda, moitos dos nomes
cos que coñecemos a estas plantas, en relación aos seus novos usos culinarios
non están recollidos no dicionario galego, entón, ¿como as chamamos cando falemos
delas?
Froitos do sabugueiro en agosto |
Ademais de adquirir coñecementos
sobre o nome e usos das plantas que vemos, e de aprender a apreciar a variedade
de posibilidades e de sabores que nos brinda a natureza. Levar a cabo este
proxecto permitirá ao alumnado participante ver a súa contorna dende un novo
punto de vista, e axudaralles a apreciar a enorme diversidade de especies que
nos rodean, aprendendo a respectala.
A través das plantas terán a
posibilidade de coñecer eses recursos que temos ao alcance da man e que,
quitando algunha rara excepción non explotamos, aínda que si o fan en outras
rexións ou en outras culturas. Algúns
incluso foron utilizados na nosa rexión noutros tempos, pero o seu uso
foi abandonado en favor de plantas de cultivo máis produtivas. Tendo isto en
conta, a recompilación de información sobre eses usos aportará riqueza ao
coñecemento das materias primas que se utilizan na industria alimentaria.
Por todo isto, e para inaugurar o blog
gustaríame, como coordinadora do equipo de dinamización da Lingua Galega do
CIFP Coroso, animar a todo aquel que queira que nos comente a súas experiencias
relacionadas co tema das plantas silvestres utilizadas en alimentación, (ou se
non tes ningunha experiencia cóntanolo tamén).
Porque o noso proxecto de
innovación en dinamización lingüística comeza precisamente por aí, xa que os
alumnos, na primeira parte do proxecto, terán que recoller información na súa
contorna máis próxima, acerca dos usos que historicamente se lle deron ás plantas
silvestres na alimentación, na nosa comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario