martes, 13 de marzo de 2018

DENTE DE LEÓN: herbas de Galicia

DENTE DE LEÓN: herbas de Galicia

Quercus sp.: plantas silvestres na alimentación.

Quercus sp.: plantas silvestres na alimentación.



xoves, 4 de xaneiro de 2018

GAÑAMOS DOUS PREMIOS!!!

GAÑAMOS DOUS PREMIOS!!!


Accésit dos Premios Proxecta
Dende o comezo do noso proxecto presentámonos a varios certames e premios, porque confiábamos na calidade e interese do noso traballo, e queríamos difundilo, non so para que se vira, senón para animar a todos os que lean as nosas entradas no blog a participar con información e experiencias.

xoves, 10 de agosto de 2017

RESUMO DA NOSA PRESENZA NA PRENSA

RESUMO DA NOSA PRESENZA NA PRENSA
A prensa mostrou un gran interese no noso proxecto ao longo do curso.
Apareceron tres artigos na prensa escrita, os mesmos artigos apareceron en versión dixital e dous artigos máis na páxina "loqueyotedigo", que escribe CheChu López, coñecido xornalista do "Diario de Arousa", ademais dun reportaxe en Vtelevisión.

mércores, 5 de xullo de 2017

ACTIVIDADES DO PROXECTO COLLEITADORES NAS LETRAS GALEGAS

ACTIVIDADES DO PROXECTO COLLEITADORES NAS LETRAS GALEGAS

II XORNADAS ADICADAS Á INDUSTRIA CONSERVEIRA: "DO CAMPO Á MESA"
O pasado día 18 de Maio celebramos, na biblioteca do noso centro, as Letras Galegas cunha actividade relacionada coa cultura galega por unha banda, e por outra co proxecto "Colleitadores"; as II XORNADAS ADICADAS Á INDUSTRIA CONSERVEIRA: "DO CAMPO Á MESA"

Trouxemos a tres relatores de luxo para que lles contasen aos nosos alumnos un pouco da súa vida, da súa relación con Galicia e coa cultura galega; e moito sobre a súa paixón polas plantas silvestres comestibles.

Podedes ler un pouco sobre a vida dos nosos tres convidados no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "normalizacoroso".

mércores, 7 de xuño de 2017

Ortiga: Urtica dioica

Ortiga:  Urtica dioica


Nome en galego: herba dos cegos, estruga maior, ortiga, estruga

Nome en castelán: Ortiga mayor, ortiga verde

A ortiga (do latín 'urtica') é o nome común das plantas do xénero Urtica, da familia das urticáceas, en galego chamada herba do cego.

A Urtica dioica, coñecida como ortiga maior e ortiga verde, é a máis común e é perenne.

Acada entre 50 e 150 centímetros. A característica máis coñecida é a presencia de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con picor intenso na pel cando se lle toca ou roza, causando bochas, debido a isto é unha das malas herbas habituais máis coñecidas.

Pódense recoller as súas follas, que é o máis aproveitable como alimento, todo o ano; aínda que é preferible a colleita antes da súa floración.

AMOROTES

AMOROTES

NOME COMÚN:  
Galego: Amorotes
Castelán: Fresa silvestre
OUTROS NOMES GALEGOS:
Amorón, morillón, amorillón, amorillote, amorodo, morando, morango, morodo, morogo, morote, careixóns...
NOME CIENTÍFICO:
Fragaria vesca
FOTO:  

DESCRICIÓN:
Coñecido como amorodo silvestre o amorote en Galicia crece nos montes, cerca de silveiras e entre as toxeiras. Ten unha raíz vivaz e florece entre marzo e agosto. O amorote ten un aroma e un sabor máis delicado e máis fino que os da fresa cultivada. Esta planta é perenne, herbácea, os talos sobresaen 25 cm. como máximo cubertos por unha especie de pelos na parte superior. Destes talos nacen as flores brancas, de cinco pétalos e un cáliz amarelo. Cando frutifica perde os pétalos e o cáliz crece formando o froito. Este froito pódese encontrar encarnado, amarelo ou branco; tamén pode ser redondo, aplanado ou prolongado.
HISTORIA DO SEU USO NA ALIMENTACIÓN:
Dende a época romana e ata a aparición doutras froias máis doadas de cultivar o seu uso era en alimentación en marmelada, directa e decoración.
No Reino Unido atopase a única empresa (Wikin & son) que elabora marmelada e xenebra con este froito.
POSIBLES USOS:
O froito pódese utilizar como ingrediente substitutivo doutras froitas en calquera receita.
As follas tenras pódense engadir á ensalada ou empregarse en cocidos ou infusión.
USOS  MEDICINAIS:
Reumatismo, problemas hepáticos, gota, disolvente de cálculos, obesidade, tifo, enfermidades do bazo, diarrea, tose, catarro, asma, depuración do sangue, blenorraxias, disentería.

ELABORACIÓN: MARMELADA DE AMOROTES
Ingredientes:
·         2 kg de amorotes
·         900 g de azucre
·         Zume de un limón
Preparación:
·         Lavar e desinfectar os amorotes.
·         Retirar a parte verde, as  partes danadas.
·         Picalos en anacos.
·         Colocar nunha pota e engadir o azucre e o zume de limón.
·         Cociñar a lume lento, removendo o contido ata que se vaia desfacendo.
·         Unha vez cociñada retirar e pasar o contido por unha batedora
Envasado:
·         Lavar os botes e as tapas
·         Verter a marmelada nos botes de cristal mentres estea quente, a uns 80 ºC, e ir pechando cada bote rapidamente despois de enchelo. Isto é importante para que fagan o baleiro. Os botes non deben encherse de todo, hai que deixar un espazo de cabeza libre para que non rebenten ao esterilizalos, este espazo adoita ser o colo do envase. 
·         Finalmente esterilizar os botes de marmelada pechados. Pode facerse nunha ola a presión durante 15 min dende que a válvula indica que está á máxima presión ou ao baño de maría como mínimo 30 min despois de que ferva.
·         Unha vez esterilizados gardar en un lugar seco, fresco e lonxe da luz e poden manterse ata o seguinte ano.