A prensa mostrou un gran interese no noso proxecto ao longo do curso.
Apareceron tres artigos na prensa escrita, os mesmos artigos apareceron en versión dixital e dous artigos máis na páxina "loqueyotedigo", que escribe CheChu López, coñecido xornalista do "Diario de Arousa", ademais dun reportaxe en Vtelevisión.
O día 27 de AbrilO día 27 de Abril, xusto cando estabamos preparando a nosa participación na "Feira do Ensino do Concello de Ribeira", no xornal "El Correo Gallego" publicaron un artigo no que fixeron mención dos produtos desenvolvidos no proxecto Colleitadores ata ese momento.
Apareceu tamén un resumo do artigo na versión dixital deste xornal.
O día 18 de Maio
O día 18 de Maio celebramos as xornadas "Do Campo á Mesa", e con motivo das mesmas avisouse á prensa, aos que agradecemos o interese mostrado polo noso traballo. Esa mesma noite, do 18 de maio emitiron unha reportaxe en Vtelevisión que se gravou durante a charla da última hora da mañá, e pola tarde durante a demostración.
Os artigos relacionados coas actividades dese día apareceron publicados o día 19 de maio, na versión en papel e na versión dixital de "La Voz de Galicia" así coma no blog "loqueyotedigo".
Foto do artigo publicado en "loqueyotedigo" |
Na Voz de Galicia o artigo ocupou a súa portada! |
O día 23 de Maio, no blog "loqueyotedigo" publicaron o día 19 unha recensión sobre a entrega do premio do concurso de receitas tradicionais, pero non foi ata o día 23 que apareceu unha reportaxe sobre a demostración de elaboración de bombóns de patacas fritas e ortigas elaborados por Martín Álvarez.
O día 2 de Xuño
O 2 xuño apareceu na Voz de Galicia unha reportaxe sobre a actividade que realizamos o día anterior, coa colaboración dos Pequenos Colleiteiros do CEIP de Artes. Nesta actividade, os alumnos de Infantil e 5º e 6º de Primaria dese colexio visitaron a nosa planta de elaboración no CIFP Coroso e, coa axuda esta vez, dos alumnos e alumnas de 1º do Ciclo Medio de Elaboración de Produtos Alimentarios, levaron a cabo catro das elaboracións que desenvolvemos neste proxecto: tortiñas con flores de sabugueiro, pan con fariña torrada de sementes de lingua de vaca, galletas con flores de trevo e iogur con xarope de sabugueiro. No medio da dura xornada de traballo que lle tiñamos preparada, puideron facer un descanso para degustar as galletas e as tortiñas acompañadas dun batido de moras (que tiñamos conxeladas dende a tempada pasada, xa que aínda non estaban no tempo), e tamén puideron probar as linguas de froitas e ortigas que foron, xunto co xarope de sabugueiro, os produtos estrela deste proxecto que xa remata.
Debido á duración do proceso de elaboración do pan, non o puideron catar alí mesmo pero si que o levaron para probar nas súas casas.
E o iogur, que ten un tempo de fermentación dunhas 6 horas, puideron probalo uns días despois na merenda da media mañá, xa no seu centro de orixe.
O día 11 de Xuño
Finalmente, e xa para rematar coas actividades do proxecto Colleitadores, aínda que non coas ganas de seguir estudando os recursos que temos ao alcance da nosa man. A participación do noso centro e de outros centros de Galicia en SALIMAT foi anunciada en diversos medios de comunicación como a Voz de Galicia, que publicou un artigo o día 6 de xuño.
E xa, posteriormente, na páxina da FP publicaron un pequeno artigo no que se fai mención do noso proxecto e da nosa participación en SALIMAT; que recollen tamén graficamente, cun álbum de fotografías dentro desa mesma páxina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario