venres, 12 de maio de 2017

A ROSEIRA SILVESTRE

Traballo sobre a ROSEIRA SILVESTRE feito por Benjamín Cea e Adan Martínez (alumnos de 1º de CM de Elaboración de Produtos Alimentarios)


  1. Introdución
A roseira silvestre é unha especie de planta que propia das illas Canarias aínda que  nos últimos anos en Galicia comezou a interesar o seu uso en alimentación pois é unha fonte importante de vitamina C e ademais posúe unha elevada cantidade de ácidos graxos insaturados (saudables).

  1. Fotos da planta en diferentes fases
Roseira en rama (froito)
                     
Flor da roseira
  1. Nome en galego: Roseira, silvo macho, agavanzo, gavanceira, peros de can
  1. Nome en castelán: Escaramujo o rosa de espino
  1. Nome científico: Rosa canina L.
  1. Descrición
As rosas silvestre son plantas que presentan uns talos fortemente espiñosos, os seus froitos son coñecidos polo de nome de tapacus (porque os froitos teñen no seu interior uns pelos urticantes que si se consumen, poden causar irritación no ano). A diferencia das rosas cultivadas, as rosas silvestre presentan só cinco pétalos polo que basta coñecer este dato para diferenciar unha rosa silvestre dunha cultivada.
As espiñas do talo compáranse a miudo cos dentes dos cans, razón pola cal o nome científico inclúe canina.

  1. Historia do seu uso en Galicia e no mundo
A nivel de Galicia non se trata dunha planta con moita historia, pero si a nivel mundial. A roseira é unha planta que durante a segunda guerra mundial os británicos recollían pois ao ser unha importante fonte de vitamina C axudaba a substituir ás laranxas que non entraban en Gran Bretaña como resultado do bloqueo naval dos submarinos alemáns.

  1. Posibles usos das súas partes en alimentación
Pódense usar practicamente todas as partes da planta en alimentación como son por exemplo as sementes para obter aceites, outra parte comestible son os pétalos que se usan sobre todo para adornar tortas e incluso mesturados xunto con mel e azucre forman moi boas xelatinas. Por último, están os seus froitos que se usan sobre todo para a elaboración de marmeladas.

  1. Marmelada de froitos de roseira
- Ingredientes
            ·1,5 Kg de froitos da roseira
            ·750 g de azucre

- Procedemento:
  • Ferver as roseiras en 3 L de auga co azucre a lume medio durante  aproximadamente 40 minutos.
  • Colar os froitos e gardar a auga para despois.
  • Coa axuda dun pasapuré moer os froitos (hai que ter coidado pois o froito contén a sementes e fanse difíciles de moer). Nesta etapa obtemos xa unha marmelada que é bastante espesa.
  • Ferver a pasta formada tras moer as roseiras coa auga reservada.
  • Removemos ata que se desprende a polpa que queda nas sementes. Tense que cocer só 10 minutos. 
  • sase novamente polo pasapuré
  • Obtemos unha marmelada bastante máis líquida que a anterior.
  • Refrixerar (para consumir nuns poucos días).
Nota: se se quere conservar por máis tempo, metela ben quente en botes, sen enchelos ata arriba (deixar libre o espazo da rosca). Pechar os botes inmediatamente, deixar arrefriar e comprobar que se fixo o baleiro. Finalmente, poñelos nunha ola a presión mantendo o lume durante 15 min despois que suba a válvula, para esterilizalos.

  1. Contraindicacións
A roseira é unha planta que posúe uns inconvenientes como son:
      -Pode ocasionar cefalea, insomnio ou fatiga.
      -Pode ocasionar reaccións alérxicas.
A maiores entre algúns dos seus efectos secundarios atopamos:
      -Actúa como laxante.
      -Pode ocasionar estrinximento.


2 comentarios:

  1. Es bueno que los alumnos dediquen una parte de las materias a busqueda de información por medios propios como es el de este proyecto. Opino que les sirve para aprender a moverse y distinguir entre las que son fuentes fiables de información y las que no.

    ResponderEliminar
  2. Moi bo traballo, pena de non estar no tempo das froitas da roseira para poder probar a elaboración.

    ResponderEliminar