O meu nome é Christian Gortemulder Campo, e son técnico medio en
produción agroecolóxica. Como técnico traballei coa borraxa, planta que
atopamos nos solos acedos de Galicia e que ten un uso apreciado en agricultura
ecolóxica, xa que se pode empregar como fitosanitario, fertilizante, atraente
de insectos polinizadores, etc …
Ademais do seu uso en agricultura, a borraxa ten valiosos usos
culinarios, para os que se empregan tanto os talos como a flor. A borraxa usada
na cociña é un manxar.
Decidín investigar sobre esta planta porque me fascinou o feito de
que unhas simples flores teñan usos culinarios e poidan ser unha gran
delicatessen empregada por moitos cociñeiros, como Ferrán Adriá, Albert Adriá, Juan Mari Arzak e
Alberto Chicote, e en grandes restaurantes de cinco estrelas.
RECEITA DE PATACAS RECHEAS CON BORRAXA E QUEIXO PARMESANO
|
INGREDIENTES:
- Un
manoxo de borraxas.
- 3 patacas
medianas.
- Queixo
parmesano.
- 120 ml.
de nata líquida ou crema de soia.
-
Especias: pirixel, ourego ou outras
|
ELABORACIÓN:
- Lavado
da borraxa e separación de partes innecesarias, coma o talo.
- Tratamento
térmico de cocción a 70ºC.
-
Escorrido da borraxa.
-
Picado da borraxa nunha trituradora.
- Mesturado
da borraxa triturada e dos 120 ml. de nata líquida cuns 100gr. de queixo
parmesano.
-
Engadimos as especias
- Lavado e
pelado das patacas.
- Tratamento
térmico de cocción das patacas a 70ºC.
- Pelado e
corte das patacas pola metade.
- Recheo das
patacas coa borraxa.
- Gratinar
ao forno cun pouco de parmesano esparexendo por enriba.
- Envasado
ó baleiro.
-Tratamento
térmico de pasteurización.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario