venres, 14 de abril de 2017

O ALMANAQUE DA COLLEITA

 

Deseñamos un almanaque das plantas comestibles.

      Os membros do proxecto Colleitadores decidimos deseñar un almanaque para facer promoción do noso proxecto, e así poder repartilo ás visitas, e máis nas feiras e actividades nas que imos a participar co proxecto Colleitadores.

      Xa hai copias en moitos dos espazos do noso centro dende fai un mes, e proximamente levarémolo á feira do ensino de Ribeira. Ademais, tamén temos pensado repartirllo aos nenos do CEIP de Artes que colaboran connosco neste proxecto.


      A idea do deseño era acompañar cada mes do ano cunha planta que podemos recoller nese mes, aínda que foi difícil decidir cal sería porque hai moitísimas posibilidades e algunhas das plantas podemos recollelas ao longo de case todo o ano; ou tamén pode pasar que cada unha das súas partes comestibles acade o punto óptimo para a súa colleita en distintos meses do ano.

      De feito este podería ser o obxectivo dun proxecto diferente, relacionar a colleita das partes comestibles das plantas silvestres co seu momento óptimo de recollida.

      Por se a alguén lle interesa, deixo ademais un enlace para descargar o arquivo de PowerPoint que se empregou para elaboralo, onde se atopa o modelo, que se pode editar completamente, e modificar para confeccionar calquera modelo de calendario que se desexe.

Premer aquí para acceder ao modelo.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario