sábado, 5 de xaneiro de 2019

Novo correo electrónico do EDLG do CIFP Coroso:
dinamizacionlinguacoroso@gmail.com

martes, 13 de marzo de 2018

DENTE DE LEÓN: herbas de Galicia

DENTE DE LEÓN: herbas de Galicia

Quercus sp.: plantas silvestres na alimentación.

Quercus sp.: plantas silvestres na alimentación.



xoves, 4 de xaneiro de 2018

GAÑAMOS DOUS PREMIOS!!!

GAÑAMOS DOUS PREMIOS!!!


Accésit dos Premios Proxecta
Dende o comezo do noso proxecto presentámonos a varios certames e premios, porque confiábamos na calidade e interese do noso traballo, e queríamos difundilo, non so para que se vira, senón para animar a todos os que lean as nosas entradas no blog a participar con información e experiencias.

xoves, 10 de agosto de 2017

RESUMO DA NOSA PRESENZA NA PRENSA

RESUMO DA NOSA PRESENZA NA PRENSA
A prensa mostrou un gran interese no noso proxecto ao longo do curso.
Apareceron tres artigos na prensa escrita, os mesmos artigos apareceron en versión dixital e dous artigos máis na páxina "loqueyotedigo", que escribe CheChu López, coñecido xornalista do "Diario de Arousa", ademais dun reportaxe en Vtelevisión.

mércores, 5 de xullo de 2017

ACTIVIDADES DO PROXECTO COLLEITADORES NAS LETRAS GALEGAS

ACTIVIDADES DO PROXECTO COLLEITADORES NAS LETRAS GALEGAS

II XORNADAS ADICADAS Á INDUSTRIA CONSERVEIRA: "DO CAMPO Á MESA"
O pasado día 18 de Maio celebramos, na biblioteca do noso centro, as Letras Galegas cunha actividade relacionada coa cultura galega por unha banda, e por outra co proxecto "Colleitadores"; as II XORNADAS ADICADAS Á INDUSTRIA CONSERVEIRA: "DO CAMPO Á MESA"

Trouxemos a tres relatores de luxo para que lles contasen aos nosos alumnos un pouco da súa vida, da súa relación con Galicia e coa cultura galega; e moito sobre a súa paixón polas plantas silvestres comestibles.

Podedes ler un pouco sobre a vida dos nosos tres convidados no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "normalizacoroso".

mércores, 7 de xuño de 2017

Ortiga: Urtica dioica

Ortiga:  Urtica dioica


Nome en galego: herba dos cegos, estruga maior, ortiga, estruga

Nome en castelán: Ortiga mayor, ortiga verde

A ortiga (do latín 'urtica') é o nome común das plantas do xénero Urtica, da familia das urticáceas, en galego chamada herba do cego.

A Urtica dioica, coñecida como ortiga maior e ortiga verde, é a máis común e é perenne.

Acada entre 50 e 150 centímetros. A característica máis coñecida é a presencia de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con picor intenso na pel cando se lle toca ou roza, causando bochas, debido a isto é unha das malas herbas habituais máis coñecidas.

Pódense recoller as súas follas, que é o máis aproveitable como alimento, todo o ano; aínda que é preferible a colleita antes da súa floración.