martes, 13 de marzo de 2018

DENTE DE LEÓN: herbas de Galicia

O mexacán ou dente de león é coñecido tamén con moitos outros nomes ao longo da xeografía galega: carrelo, leitarega, leitaruga, leituga, paciporca e tarrelo. 

Trátase dunha planta de procedencia europea, distribuída por todo o mundo. É frecuente que aparezan en prados húmidos, beiras das hortas e camiños e, sobre todo, en xardíns. Está considerada como unha “mala herba” ou “maleza”, pero pódeselle dar diferentes usos. É unha das principais especies de flora de interese apícola, xa que dan moi boa cantidade de néctar e polen.

O seu principal uso é medicinal, xa que ao ser unha planta depurativa, actúa no fígado, riles e na vesícula biliar favorecendo a eliminación de toxinas e tamén pódese utilizar para limpar as impurezas da pel, acne e urticaria, debido ao seu contido en inulina, ácidos fenólicos e sales minerais. Outro uso diferente que se lle pode dar é o seu cultivo polo látex que contén a raíz, xa que é rico en caucho.

Na zona do Barbanza, igual que en outras partes de Galicia así coma no resto do mundo, dende moi antigo consúmense as súas follas, as máis novas en ensalada e as máis maduras cocidas, xa que estas últimas son máis amargas. Ademais tamén se consume ou consumiu nalgún momento da historia a súa raíz e as flores. 

Gracias á súa versatilidade, abundancia e partes aproveitables é, probablemente unha das "malas herbas" máis consumidas do mundo, tanto para usos culinarios como medicinais.

No meu traballo so afondei nalgúns dos moitos usos que ten esta planta, e para iso, estas foron as fontes das que obtiven a información coa que fixen o meu traballo:

  • http://www.casapia.com/Paginacast/Paginas/Paginasdemenus/MenudeInformaciones/PlantasMedicinales/DienteDeLeon.htm
  • http://www.biopedia.com/diente-de-leon-comun/
  • https://gl.wikipedia.org/wiki/Mexac%C3%A1n
  • http://plantas-para.com/comida-diente-de-leon/
  • https://www.creasalud.com/miel-de-diente-de-leon.html
  • https://prezi.com/y4bfpi6gvdqa/diente-de-leon/
  • https://es.wikipedia.org/wiki/Taraxacum_officinale
  • http://www.botanical-online.com/plantasmedicinales/diente_de_leon_contraindicaciones.htm
  • https://mejorconsalud.com/diente-de-leon-para-que-sirve/
  • http://www.natursan.net/como-hacer-cafe-de-diente-de-leon-receta/
  • http://www.jalance.es/sites/jalance.portalesmunicipales.es/files/plantas-silvestres-y-setas-comestibles-del-valle-de-ayora-cofrentes.pdf

Premer na imaxe para acceder ao traballo

Alba González Pose

Ningún comentario:

Publicar un comentario