Para proceder á elaboración deste traballo de investigación pregunteilles a tódalas persoas maiores da miña contorna se coñecían e/ou se lembraban dalgunha planta silvestre que se utilizara nalgunha elaboración alimentaria, ou que se usase para algo relacionado con algún alimento.
Tras un primeiro momento de confusión por semellantes preguntas inesperadas, certo día chamáronme á porta. Era un dos meus veciños requirindo a miña inmediata presenza, case a rastro me leva o señor Xosé cara a unha xuntanza argallada ás miñas costas onde se reuniron os maiores da aldea para relatarme os seus saberes e lembranzas de mocidade.
Con moita emoción por ver como xente nova se interesaba por algo do seu pasado, comezaron a contarme todo o que sabían, convertendo aquel día nunha fermosa velada.
Relatáronme as herbas que usaban, e que se seguen usando, como especia: o ourego, o pirixel, o romeu, o loureiro, ... para os guisos e adobar carnes ou peixes; e o espliego para aromatizar sopas.
Usaban as moras, froito da silveira, e os amorotes para facer tortas ou marmeladas, e as cereixas salvaxes para facer licor de guindas.
Tamén se usaban pólas de loureiro para afumar os chourizos no tempo da matanza.
Lembraron como cocían as castañas cos anises, e que se lle botaban néboda ós bolos do pote. Tristemente, ambas cousas en desuso na actualidade.
E tiñan vagos recordos da infancia, de que os seus avós lles contaban historias de que antano, moito antes de naceren, había xente que comía landras.
Debido á sorpresa e curiosidade que me provocou este descubrimento, decidín investigar e escribir sobre el.
As landras son o froito de diferentes tipos de carballos e aciñeiras, todos eles pertencentes ó xénero Quercus.
Todo este saber ancestral serviume para facerme a pregunta, pero a memoria non daba para responder con detalle á miña curiosidade, por iso para elaborar o meu traballo recorrín a fontes escritas, e a traballos de expertos máis capacitados ca min, que se fixeron antes esta pregunta.
En resumo estas foron as fontes que consultei para o meu traballo:
- https://elhuerto20.wordpress.com/tag/bellotas-dulces/
- http://www.venelogia.com/archivos/6043/
- http://www.zonaverde.net/quercusilex.htm
- http://www.zonaverde.net/quercusrobur.htm
- https://es.wikipedia.org/wiki/Quercus
- https://es.wikipedia.org/wiki/Roble
- http://es.wikihow.com/comer-bellotas
- http://recursoalosbosques.blogspot.com.es/2015/03/alimentosolvidados-las-bellotas.html
- https://monacatorevolusionario.files.wordpress.com/2013/10/pandebellota.pdf
- https://www.hogarmania.com/cocina/programas-television/karlosarguinano-en-tu-cocina/los-secretos-de-arzak/200810/bellotas-5927.html
- http://www.vdevegetal.com/las-bellotas-historia-propiedadesprocesado-y-receta/
- http://www.ecologistasenaccion.es/article20331.html
- http://www.enciclopediadegastronomia.es/articulos/historias-delos-alimentos/frutas-y-hortalizas/cuando-comiamos-bellotas.html
- www.botanical-online.com
Para ver o traballo premer na imaxe |
Desexo que vos resulte tan interesante coma a min!
Ningún comentario:
Publicar un comentario