xoves, 4 de xaneiro de 2018

GAÑAMOS DOUS PREMIOS!!!



Accésit dos Premios Proxecta
Dende o comezo do noso proxecto presentámonos a varios certames e premios, porque confiábamos na calidade e interese do noso traballo, e queríamos difundilo, non so para que se vira, senón para animar a todos os que lean as nosas entradas no blog a participar con información e experiencias.


Inicialmente o proxecto desenvolveuse dentro do Plan Proxecta como un Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística, a razón, simplemente porque xa tiñamos a idea para o proxecto, queríamos facelo de calquera xeito e casualmente a coordinadora do EDLG do noso centro (eu, en aquel momento) viu a convocatoria do Plan Proxecta e pensou que a nosa idea se podía adaptar perfectamente a un Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística, ¿e por que non?.
Esta foi a solicitude que redactamos, segundo o modelo da plataforma de solicitudes do Plan Proxecta.

Presentarnos ao Plan Proxecta nos obrigaba, ou mellor dito, nos daba a opción de presentarnos logo aos Premios Proxecta de Innovación en Dinamización Lingüística, para o cal fixemos unha memoria do noso proxecto, que se pode ver no enlace.

UN ACCÉSIT DO PREMIO PROXECTA

Ademais, o CIFP Coroso participaba o pasado ano en outros dous Plans Proxecta, Galicons.net e Correspondentes Xuvenís. A raíz da nosa participación nestes tres Plans Proxecta presentamos o noso centro á convocatoria do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2017 (para o cal elaboramos esta memoria). Nesta convocatoria recibimos un accésit que nos foi entregado o pasado 29 de Setembro, no acto de entrega de premios que se celebrou en Santiago.


UN PREMIO DO VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Finalmente, xa para rematar o curso, o pasado mes de xullo presentamos o noso proxecto ao VI Concurso de Traballo por Proxectos na Biblioteca Escolar.
O pasado 11 de decembro saíu a resolución deste concurso, e concedéronnos o premio na modalidade pola que nos presentábamos, Proxectos de Ciclo ou Departamento, da modalidade de Ciencias. O premio consiste nunha dotación económica de 1500€ para empregar en fondos que van enriquecer a nosa biblioteca escolar. Nesta ligazón pódense ver todos os proxectos presentados e as súas memorias correspondentes, nela inclúese tamén a memoria final do noso proxecto á que se pode acceder directamente premendo na imaxe.


Como noutras ocasións, na páxina loqueyotedigo fixéronse eco desta nova, que podes ler premendo aquí. Tamén na páxina da Voz de Galicia fixeron mención da nova.


¡¡¡Moitas grazas a todos os participantes no proxecto, estes premios son de todos vos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario